A traca final das I Xornadas Futbolinlugo Burela Bonitafoi unha mesa redonda cos relatores participantes nas mesmas. Un elenco de luxo que contestou ás preguntas formuladas abertamente sen tapuxos. Cris Oreiro, Yago Iglesias, Roberto Fernández, Bruno Gómez, Simón Lamas e Juan Rodríguez; totalmente dispoñibles para os seguidores de Futbolinlugo durante preto de media hora.

«No fútbol e na vida fai falta sorte. A sorte búscase con traballo (Yago Iglesias)»

As cuestións foron do máis variado, relacionadas cos diversos temas tocados durante as xornadas. Así como outros cos que gardaban unha estreita conexión. Adestramento de porteiros, anécdotas, tópicos a debater, a relación xogador-adestrador… En definitiva, puro fútbol ao servizo da nosa comunidade.

«Durante a semana non había titulares nin suplentes. Os once mellores xogan cada domingo pero non hai suplentes. Todos teñen que sumar (Bruno Gómez)»

As conferencias desenvolvéronse o 14 de novembro no Salón de Conferencias no Concello de Burela. A asistencia estivo moi limitada por mor das restricións sanitarias da Covid 19. Non obstante, o evento puido seguirse en directo vía streaming. Ademais as ponencias quedaron gravadas e poderán ser visualizadas na canle de Youtube de Futbolinlugo.

Trátase dun Congreso feito en colaboración co Concello de Burela. Pretendemos manter o espírito do fútbol nunha época complicada. Así como reivindicar o talento dos adestrador@s lucenses e galegos. A nosa idea é a de seguir medrando e poder continuar facendo comunidade a prol do noso fútbol.

Todos os relatores recibiron de agasallo unha pizarra personalizada desta casa

Esta aposta, súmase a outros eventos e accións promovidas por Futbolinlugo máis aló da nosa web. A primeira iniciativa foi a publicación da Guía ‘Fútbol en Lugo’ en colaboración con El Progreso. Publicouse en dúas ocasións. Nesta tempada non se realizou xa que o inicio das competicións foi suspendido.  O segundo evento ao grande desta comunidade foi o I All Star Futbolinlugo. Fíxose ao final da temporada 2019/2020. A gran festa do fútbol lucense tampouco puido levarse a cabo neste ano. Pero tentaremos consolidar o proxecto en futuras edicións. A nosa entidade tamén organiza o ‘Ránking Futbolinlugo’, unha competición de pádel en colaboración con Lucus Pádel. Esta cita segue en marcha nestes tempos pandémicos. A segunda edición xa está dando que falar.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*