Neste novo xoves, repasamos a xornada do fútbol feminino provincial, que deixou un balance bastante positivo, agás pola derrota do PM Friol na súa casa ante o Zaragoza por 1-3. Nun choque no que A Reigosa estivo ateigada de siareiros, as aragonesas impuxéronse con autoridade a unhas luguesas cuxa mellor nova foi o gol que asinou Lucía Pardo logo de ser «trending topic» toda a semana por ser a primeira lucense convocada cunha selección española.

Na Primeira Galicia, o filial friolense venceu con autoridade ao Arcadia, 3-0, nun duelo controlado de principio a fin no que as goleadoras foron Denise, Vero Loureiro e Nerea Rodríguez. A SD Antas, pola súa banda, reencontrouse coa victoria logo de tres xornadas sen puntuar e superou por 0-1 ao Concello de Boiro cun solitario gol de Nuria no minuto 81.

Mentres que na Segunda Galicia e no Grupo 2 da primeira fase de Fútbol-7 houbo parón, sí que se competiu no Grupo 1 de Fútbol-7, no que a SD Burela se impuxo pola mínima, 3-2, ao Carral «B», tras un choque moi igualado que se decidiu pola pegada das locais.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*