No medio da situación que impera hoxe na sociedade mundial, non queremos deixar de facer o noso repaso semanal ao fútbol feminino provincial. Competicións que, á espera de novas, non se disputarán nos próximos quince días.

Un conxunto que xa non tivo competición a pasada fin de semana (por motivos alleos ao coronavirus) foi o PM Friol. Porén, a Primeira Galicia sí que presentou unha xornada chea de emoción. A SD Antas conseguiu un merecido pero sufrido punto ante o Sárdoma «B», un rival que presentou moitas dificultades para as de Chapa polo seu xogo físico, ao que se sumaron as baixas das locais; pese a todo, as celestes conseguiron un 1-1 que lles serve para manterse na pelexa por non descender.  O PM Friol «B» continuou coa súa positiva xeira de victorias, ao imponerse por 3-0 ao Betanzos.

Na Segunda Galicia, a mellor nova veu dada polo CD Lugo, que se impuxo por 1-2 ao líder, o Sporting Cambre, e arrebatoulle o liderato e a condición de imbatido. Tras un partido impecable no que os nervios xogaron alguna mala pasada ao comezo, as rapazas albivermellas souberon reporse, remontar o duelo e conseguir o feito de depender de elas mesmas para obter o título a falta de tan só sete xornadas.

O Carballedo CF non tivo partido, xa que o correspondente a esta xornada foi adiantado por mor da Feira do Viño (saldárase con 3-1 a prol do Victoria CF «C», mentres que a SG Comercial firmou un partido moi serio e moi completo que lle deu a victoria por 0-1 na casa do Xuventude de Crendes. Asemade, a SD Chantada tampouco xogou, e o seu partido ante o Betanzos «B» está previsto para o 22 de marzo.

No Fútbol-7, a SD Burela venceu por 1-2 ao Atlético San Pedro e manténse no coliderato, mentres que a SCD Milagrosa caeu 3-1 na casa do Orzán «C».

Por último, queremos enviar unha forte aperta e moitos ánimos a Rebeca, xogadora da SD Antas que sufriu unha fractura de peroné no adestramento do seu equipo o pasado venres. Agardamos que pronto estea de novo dando guerra polo Castro Seoane.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*