O pasado sábado o PM Friol volveu á senda da victoria na Reigosa tras imponerse ao filial do Atlético de Madrid «B». As de Friol chegaban ao duelo necesitadas de puntos para afastarse o máximo posible da zona baixa da taboa, e os nervios estiveron presentes durante toda a primeira metade, que rematou con empate a cero. Nos segundo corenta e cinco minutos, a internacional lucende LP anotou tres goles que lle serviron ao seu equipo para facerse cos tres puntos, pese a que as colchoneras foran quen de empatar o encontro tras o 1-0 inicial.

Na Primeira Galicia, o filial do PM Friol impúxose por 9-2 ao O Val tras un choque moi serio no que as locais xa mandaban por 5-0 no minuto 30. A SD Antas, pola súa banda, fixo un mal partido na casa do Alertanavia (2-1) no que, pese ao mal xogo visitante, o longueiro evitou dous goles das celestes cando o electrónico aínda indicaba o 1-1, polo que as cousas poderían ter sido distintas.

Nunha Segunda Galicia na que o partido da Comercial ante o Portazgo foi aprazado para o día 16 de febrero, o Carballedo CF superou por 0-5 a un frouxo Olímpico que apenas opuxo resistencia, a SD Chantada empatou a un gol ante a UD Carral e o CD Lugo impúxose á Xuventude de Crendes en noventa minutos moi trabados nun campo moi pequeno nos que o desgaste das locais permitiu ás rapazas adestradas por Joaquín levarse os tres puntos.

No Fútbol-7, a SD Burela endosoulle un claro 5-0 ao Orzán «C» e a SCD Milagrosa superou por 2-8 ao Sporting Cambre «B».

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*