O campo da Reigosa, en Friol, será testigo dunha campaña histórica para o conxunto de féminas da vila. Tras unha gran temporada, as friolenses acadaron un ascenso que outorgaba ao clube o dereito de xogar na Primeira División «B» na 19/20.

Porén serán moitas as cousas que cambiarán para o clube presidido por Ángel Villar en cuestión de apenas 4 meses: este ano non contarán co apoio do CD Lugo tras non continuar o convenio entre ambas entidades, polo que os custos duns desprazamentos máis longos serán afrontados unicamente polo PM Friol, que ademáis volverá a vestir coas súas cores tradicionais.

Asemade, as rivais ás que se enfrontarán as nosas guerreiras serán de maior calidade e pertencentes a clubes de maior -se cabe- recoñecemento na atmosfera do fútbol español, tales como Deportivo Alavés, SD Eibar, Zaragoza, Osasuna… ademáis de outros que xa coñecen A Reigosa (Sporting de Gijón, Racing de Santander, Oviedo…) e os filiais dos conxuntos máis poderosos do país (FC Barcelona «B», Atlético de Madrid «B», Athletic «B» ou Madrid CF «B»).

Así, hoxe en Futbolinlugo presentamos a totalidade do calendario que afrontarán as nosas rapazas co obxectivo de conseguir a salvación nunha categoría nova para todos pero, sen dúbida, máis que ilusionante! Entre as datas máis sinaladas están a de inicio de campaña, o 8 de setembro na Reigosa ante o Deportivo Alavés ou as visitas ás cidades deportivas de máis prestixio do mundo (o Cerro del Espino o 13 de outubro ou a Joan Gamper o 23 de febreiro de 2020). Velaquí, todas as xornadas!


Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*