O PM Friol, equipo referencia do fútbol feminino provincial, caeu esta fin de semana na casa do Racing de Santander por 1-0. Coa derrota, o equipo da Reigosa áchase a tan só 3 puntos dos postos de descenso, tras a victoria dunhas das súas rivais directas, o Pozuelo. As de Friol tratarán de alonxarse destes postos de perigo este domingo no Requexón, cidade deportiva do Real Oviedo.

Porén, o filial friolense conseguiu a victoria por 2-0 ante a Orzán SD, asinando así a súa terceira victoria consecutiva e achegándose ao pódium da Primeira Galicia. O outro conxunto lucense desta categoría, a SD Antas, caeu por 5-1 na casa do Atlántida Matamá nun partido no que as de Chapa comezaron ben pero dous errores puntuales supuxeron un dous cero que afectou anímicamente ao equipo, de xeito que -pese a achegarse no marcador co momentáneo 2-1-, non conseguiron sacar nada positivo.

Na Segunda Galicia, especial mala sorte tivo o Carballedo CF, derrotado por 3-2 na casa do Sporting Burgo, partido do que as lucenses saíron perxudicadas de varias decisións arbitrais. A SD Chantada fixo un digno partido pese a caer 0-3 ante o Sporting Cambre, líder da competición. A SG Comercial perdeu 2-1 na casa do Once Caballeros tras noventa minutos nos que a falta de actitude condenou ás rapazas adestradas por Vivian Dors. A boa nova veu dada polo intratable CD Lugo, que gañou 0-12 ao Portazgo.

Por último, no fútbol-7, o derbi entre SD Burela e SCD Milagrosa decantouse a prol das mariñás, que superaron ás capitalinas por 3-0.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*