Hoxe é xoves, é día de fútbol feminino en Futbolinlugo. Como cada semana, faremos un repaso dos resultados dos conxuntos lucenses femininos, que levan o nome da provincia por toda a comunidade e incluso fóra dela!

Comezamos polo PM Friol-CD Lugo, equipo que se atopa imparable tras vencer por cinco goles a cero ao Gijón FF, un dos galos a priori da categoría. No partido, sentenciado no descanso, destacou de novo Jone Bilbao, autora de tres goles. Tamén marcaron Fanny e Nati. Cabe citar a entrada no once da gardamallas Aroa e da capitá do equipo, Covi. As da Reigosa atópanse terceiras clasificadas, empatadas a puntos co Deportivo e a tan só dous do líder, o Oviedo.

Na Primeira Galicia, a SCD Milagrosa segue sen puntuar tras perder 2-3 co Pastoriza (A Coruña), pero semella que as rapazas dirixidas por Walter González comezan a estar afeitas á categoría, dado que xa mostraron un bo xogo e contaron cun gran número de ocasións que lles puideron dar a victoria.Non correu mellor sorte a debutante SD Antas, que perdeu por 4-1 ante o Sárdoma “B“, nun choque no que o resultado debería ser menos abultado, pero a efectividade local decantou o choque para as viguesas.

 

Na Segunda Galicia, a xornada estivo marcada polos empates. Así, o PM Friol-CD Lugo “B” asinou un meritorio empate a dous goles co Silva, pese a que o último gol visitante chegou nun minuto cruel, o 93. A Comercial, pola súa banda, tamén empatou a dous goles, neste caso ante a SD Torre, sendo as autoras dos goles Tania e Jenny. E o outro empate foi protagonizado pola SD Chantada, que sacou un punto ante a Xuventude de Crendes (1-1) nun encontro moi disputado de principio a fin. O Carballedo CF descansou esta semana!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*