A pasada fin de semana o balance de resultados para as nosas rapazas foi moi positivo. De novo por problemas técnicos, non podemos contar coa imaxe cas xogadoras destacadas en cada partido, pero sí faremos o noso habitual repaso dos distintos choques!

Comezando polo PM Friol-CD Lugo, que superou sen problemas (6-0) ao Victoria CF, nun partido no que algúns despistes defensivos iniciais puideron costar goles ás de Josito Jul, pero a partir do 2-0 o dominio correspondeu ás lucenses, destacando Fanny e Marta.

Na Primeira Galicia, a SD Antas venceu 7-0 ao Orzán, último clasificado, nuns 90 minutos moi serios e moi completos por parte de todas as xogadoras adestradas por Melendo. A SCD Milagrosa caeu a domicilio ante o Arcadia, 3-1, aínda que as de Frigsa mereceron sacar, polo menos, un punto.

Xa na Segunda Galicia, o Carballedo CF segue a facer historia, conseguindo a súa primeira victoria fóra da casa, ante un dos cocos da categoría, o Silva. O partido foi definido polo presidente do Carballedo como «espectacular, neste partido destacaron as 14 loitadoras». Pola súa banda, a Comercial perdeu 2-1 na casa do Orzán, mentres que os outros dous equipos empataron a un gol os seus respectivos duelos (Chantada-Vioño e Xuventude de Crendes-PM Friol «B»).

Falando agora de Fútbol-8, a SCD Milagrosa «B» superou (3-1) ao Olímpico, e a SD Burela volveu vencer, neste caso ao CD Obrero (3-0), destacando a xogadora Carlota Baltar.

Tamén, desde a nosa páxina queremos facer mención aos Campionatos, de España de seleccións autonómicas sub-15 e sub-17, que se celebrará este fin de semana no Campo Municipal de Santa Isabel en Santiago, e contará con representación lucense: a pequeña Carmen, do CP Calasancio, está convocada pola selección galega sub-15 (podes ver unha entrevista que lle fixemos hai tempo a Carmen aquí), que se medirá a Extremadura e Castela e León. Na sub-17, a melidense Mery Valcárcel, xogadora do PM Friol-CD Lugo «B», representará o fútbol da nosa provincia!

Por mor destes campionatos, non haberá competicións de fútbol feminino este fin de semana!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*