Un xoves máis, chega a sección na que relatamos como as nosas xogadoras fan historia polos campos do país e da comunidade! Para comezar, falamos dun PM Friol que caeu por 4-0 na casa dun dos equipos punteiros do panorama nacional, como é a SD Éibar. Pese ao resultado, as de Friol fixeron un partido máis que digno.

O filial da Reigosa, que milita na Primeira Galicia, venceu a outro filial, o Sárdoma «B», nun choque moi igualado (2-1) que se decidiu cun doblete de María Valcárcel. A SD Antas, Porén, caeu derrotada na casa ante a SD Villestro (1-3), pese a contar con alternativas de sacar algo positivo nun duelo no que pagaron tres errores puntuais. Ademáis, Ángeles tivo que quedar de porteira debido á lesión de María.

Na Segunda Galicia, o fútbol amosoulle a súa cara dura ao Carballedo, que vencía por 2-1 ao Victoria «C», pero as coruñesas remontaron o partido en 3 minutos até o pitido final (2-3). A SD Chantada xogou un bo partido que lle permitiu conseguir a súa primeira victoria, 0-2, na casa do Betanzos «B», con goles de Laura e Iria. A SG Comercial empatou a un gol contra un dos equipos punteiros da categoría, a Xuventude de Crendes e, finalmente, o CD Lugo sufriu a primeira derrota do ano (1-2) contra o Sporting Cambre, pese a ser superiores durante a maior parte do choque, agás no final da primeira metade e o comezo da segunda, o que lles valeu ás visitantes para levarse oss 3 puntos.

Por último, no Fútbol-7, a SCD Milagrosa venceu 1-3 ao Orzán «C», e a SD Burela impúxose por 0-3 ao Atlético Castros!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*