Cada semana se achega máis o final de temporada, e todas as nosas rapazas se atopan competindo ao máximo para acadar os obxectivos polos que levan loitando desde o primeiro día de pretemporada!Así, o PM Friol-CD Lugo sacou un importante e decisivo punto da casa do Victoria, na Coruña, para manterse na terceira posición a falta de cinco xornadas para rematar a competición. O vindeiro encontre, ante o Arousana FF, será fundamental de cara a defender ese posto.

Na Primeira Galicia o balance foi totalmente negativo. A SCD Milagrosa caeu ante o líder, o Deportivo “B”, por 0-8, nun duelo no que as do López Gorgoso foron moi inferiores ante un rival doutra liga; a SD Antas, pola súa banda, caeu pola mínima (3-2) na casa do Orzán SD, nun partido no que as loacis conseguiron remontar un 1-2 en contra nos últimos dez minutos.

Na Segunda Galicia tan só se disputou o choque entre PM Friol-CD Lugo “B” e Unión Campestre, que se saldou cun contundente 5-0 para as locais, con goles de Denise González (3) e Paula Rodríguez (2). Con estes tres puntos, as da Reigosa aventaxan en 10 ao segundo clasificado, o Sporting Burgo, aínda que estes teñen un partido menos no seu haber.

Por último, non houbo xornada de Fútbol-8!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*