Como cada fin de semana, todas as rapazas que pertencen aos clubes femininos pelexaron por deixar o seu nome, o da entidade, e o da provincia de Lugo no máis alto, cousa que non se lles da nada mal!!!Non hai máis que ver a clasificación da Segunda División Nacional, onde o PM Friol-CD Lugo é aínda máis terceiro, tras superar por 1-3 ao Sárdoma nunha visita sempre complicada.

Xa nas categorías autonómicas, a SCD Milagrosa superou sen problemas ao colista, o Deportivo Orzán (3-0) grazas a dous goles de Lucía Armesto e outro de Carla Penas. Pola súa banda, a SD Antas de Melendo -moi mermada polas baixas- perdeu 4-0 na casa do Umia, que xa se presentaba como favorito antes do pitido inicial. Pese a seriedade defensiva das celestes, a calidade das locais decantou o choque.

Na Segunda Galicia, a gran noticia veu dada polo Carballedo CF, que se soubo recomponer do duro golpe da pasada xornada e arrollou ao Vioño (11-2) con seis goles de Laura Delgado, catro de Diana Picos, e un de Marquina. O equipo rival chegaba moi xusto de xogadoras, pero iso non quita mérito a unhas rapazas que se comprometen día tras día e aumentan a súa ilusión e a de todos os que as seguimos.

O filial do PM Friol-CD Lugo continúa a súa andaina como líder, neste caso tras superar 0-8 á Torre SD, con goles de María Valcárcel (3), Irene García (2), Xiana, Denise e Patricia. A SG Comercial superou 4-0 ao Portazgo, e a SD Chantada sacou un valioso punto da casa do segundo clasificado, o Orzán “B”.

Por último, no Fútbol-8, a SD Burela continúa a súa xeira de victorias apabullantes, neste caso na casa do Perillo (0-6, con goles de Cristina Carracedo -3-, Lara, Carlota e Ángela, nun choque no que destacou Ariadna Castro. A SCD Milagrosa “B”, pola súa parte, caeu ante o líder da categoría, o Victoria CF “C”.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*