O mes de agosto mantén o nivel de movementos no mercado lucense, a pesar de que Futbolinlugo xa chegou ao medio cento de episodios cheos de novas por toda a xeografía da provincia, incluso máis aló das nosas fronteiras no caso de que sexan os lucenses os que teñan que marchar. Precisamente é o que aconteceu esta semana con Álex Rey. Unha das promesas lucenses que recala no Somozas da Terceira División, xunto con Miguel Duque procedente do Lugo B. O viveirense Rey (irmán de Javi Rey) estará cedido no equipo coruñés por parte do Celta na súa primeira temporada como sénior. Á Terceira tamén vai parar Ibou que hai uns días anunciábamos a súa fichaxe polo Escairón, pero deulle a volta e finalmente decantouse por unha oferta posterior do Ourense CF. Pola súa banda, ao Castro chega o medio centro Alberto Rey procedente do Racing Vilalbés xuvenil.

Fran Pastor leva alternando o fútbol campo e o fútbol sala dende cativo. Sobre a herba xogou na canteira do CD Lugo, Chantada, Lemos, Polvorín e Sarriana

Na Primeira Galicia o Riotorto refórzase co centrocampista de 21 anos Fran Pastor que vén dende a Sarriana e compaxinará o fútbol co fútbol sala onde xogará no Vilalba FS; ademais, Fidalgo será o preparador dos porteiros. Máis ao norte o San Ciprián encara esta nova campaña con seis caras novas. Chegan Pablo Costa do Xove Lago, Denner do Viveiro xuvenil, Guilherme de Sao Paulo, Dani López do Porto Burela e Kaka e Martín do equipo xuvenil.  Na mesma categoría Samba chega ao Ferreira.

Na Terceira Galicia norte o Muimenta segue sumando xogadores á causa. O Pichón chegan Iago López dende o Pol e o xuvenil Adrián Orosa. Tamén no referente a equipo do grupo norte, o Celeiro ten hoxe unha cita de pretemporada ante o Viveiro xuvenil A. O vindeiro luns xogará un amigable co SD Ourol que se converte nun trofeo benéfico en favor da asociación Gadoupas de Viveiro (protectora de animais). Sortearanse dúas cestas no descanso e recollerase distintos productos (comida, menciñas,…) para os animais o día do encontró no Cembedo. Tamén hoxe o CD Rábade xogará o seu segundo encontro da súa historia, será ante o San Lázaro.

 

 

Comparte
                                                                           

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*