A medida que avanza o verán, os equipos apuran a confección dos cadros de xogadores e corpos técnicos. Á súa vez, algúns futbolistas dan saltos de categoría, mentres que otros deciden volver ao equipo da súa vila. Todo iso, e moito máis, na nosa 74ª edición do Diario dun Mercado!

Comezando pola Terceira División, o Racing Villalbés contará nas súas filas con Javi Ballesteros, ex-xogador do CD Lugo na Segunda División “B” e procedente do Laracha. Do conxunto chairego desvincúlase o central Antonio, que ficha precisamente polo Laracha. Tamén na Terceira, o filial do CD Lugo incorpora a Gustavo Quezada e Rayco Rodríguez.

 

Na Preferente Norte, destacan os movementos na Mariña. O Viveiro ficha ao defensa Yoel Astariz, mentres que Marcos Peña colga as botas e abandona o Ribadeo. Xa na capital, Manu Rodríguez firma pola SDC Residencia, deixando o Lourenzá.

Pasando á Primeira Galicia, Lisboa anunciou a súa renovación coa SD Páramo e o Sporting Pontenova incorpora a Gene, con pasado no clube. O Club Lemos contará nos adestramentos con Carlos Martínez, do Rúa, malia que o xogador terá ficha do Club Lemos “B”. Na Segunda, pero igualmente no sur da provincia e procedente de A Rúa, Ariel Alexander Aquino (dianteiro de 19 anos con experiencia na selección de Ourense, e con pasado no CD Barco e no Rúa) firma polo Chantada Atlético. 

 

Xa na Terceira Autonómica, o CD Río Sil ficha a David Castro, quen retorna aos terreos de xogo tras unha campaña lonxe deles, e a Angeliño, procedente do Brollón pero con pasado no equipo de Sober. No fútbol feminino, o Carballedo confirma a súa novena incorporación, Alba. A última nova de hoxe é a chegada de Xende aos banquiños da SD Chantada cadete.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*