Este mercado de fichaxes non para. Nin sequera en domingo. Hoxe, Futbolinlugo chega con importantes e sorprendentes (algunhas, moito) novas. Comezando pola Terceira División, na que o CD Lugo “B” demostrou que confía no cadro de xogadores que acadou o ascenso na 2017/2018, renovando á meirande parte deles.Xa na Preferente Norte, a SD Sarriana anunciou a fichaxe de Juanjo, polivalente xogador que ven de rematar a súa etapa no fútbol base no Racing Villalbés, e con pasado no CD Lugo.

Sergio Arias foi o máximo goleador da temporada 2017/2018 no Racing Vilalbés con 13 goles. Foto: Carlos Castro

Na categoría inmediatamente inferior, a Primeira Galicia, o Riotorto CF renovou a Parapar, Lourido, Pablo Ruiz, Peque, Pedro Díaz, Neira, David Silva, Iago Dorado, Christian, Kevin, Fran Pastor, Play, Alberte e Jorge, ademáis de incorporar como fichaxes a Manolo, Felipe Varela, Dani Díaz, Gabi e Yoel. Tamén outro equipo da Primeira Galicia é noticia, xa que Rasilla cambiará a Residencia pola SD Páramo, clube que confirmou a continuidade dos irmáns Diego Gómez “Dieguito” e Roberto Gómez “Robertito”.

Pero a gran noticia do día é a fichaxe de Sergio Arias, ata agora dianteiro no Racing Villalbés (e con moito protagonismo, xa que ninguén na Terra Chá esquecerá o gol que lle endosou ao Atlético Levante) polo equipo da súa vila, o Portomarín FC da Segunda Galicia. O xogador -gandeiro de profesión- , ademáis de Racing Villalbés, vestiu as camisolas de CD Lugo ou As Pontes, entre otros.

Igualmente desde a vila do encoro chegan as novas de renovación de Víctor Conde, Diego Regueira, Dani Lombardía e Iglesias, e as fichaxes de Alex, Nel e Fabio. Tamén na Segunda Galicia, o Incio Terra Brava incorpora ás súas filas a Diego Gayoso, procedente do AD Bóveda. Avanzando cara o norte da provincia, atopámonos coa renovación de Xián Paz Díaz no Mondoñedo.

Por último, no que atinxe ao fútbol feminino, o Carballedo confirmou a súa sexta incorporación, Noelia Pereira.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*