O mercado de fichaxes está nun momento realmente álxido. Os movementos son constantes, así como os diferentes rumores que, como cada ano, corren de voz e voz e incluso algún chega a converterse en realidade. Hoxe, na edición 69 do noso Diario dun Mercado, chegan novas que atinxen a practicamente todas as categorías que contan con clubes lucenses.

Antes de nada, destaca a fichaxe do dianteiro ribadense Dani Pedrosa polo Valladolid “B” de Segunda División B”. Continuando pola Terceira División, cómpre falar de Rubén Arce (ata agora adestrador de porteiros do CD Lugo “B”), quen se comprometeu co filial de -precisamente- Terceira División do Villarreal CF, así como de Marcos Souto, gardamallas que se desvincula da portería do Racing Villalbés.

Na Preferente Norte, David Rodríguez e Jacob regresan á que xa foi a súa casa previamente, o Martínez Otero de Foz, mentres que Quiroguita deixa o Atlético Escairón para enrolarse na Sarriana. Asemade. Erni -ex do Racing Villalbés e Viveiro, entre otros- asina polo As Pontes, e Gonzalo Edrosa anunciou a súa marcha do CD Castro. O destino do rapaz da Pastoriza é, polo momento, una incógnita. Outra nova sorprendente é a volta de Pablo Expósito aos campos de fútbol tras case dez anos. Xogará na SDC Residencia.

Pasando á Primeira Galicia, os tres capitáns do Páramo -Borjita, Palle e Pepe- anunciaron a súa renovación.  Máis renovacións chegan desde O Sangoñedo. A maior parte dos xogadores continuarán na SD Chantada, agás Mouse e Cebolli, e Antón e Cristian (estes dous últimos atópanse pendentes de temas laboráis para decidir o seu futuro). Aos xogadores da 2017/2018 únense Adri García e Anthony, así como rapaces que proceden das categorías inferiores.

Tamén en Chantada, pero neste caso en Segunda, o porteiro Saúl (antigo xogador de AD Bóveda e Atlético Escairón) ficha polo Chantada Atlético. Diego Mejuto deixa o Relámpago Taboada para ser adestrador do Santa Comba. Baixo o seu mando estarán xogadores como José Ángel, Rodrigo, Fino, Borja, Reija, Jul, Seco, Albertito, Jacobo, Brochas ou Hugo, xa que todos eles asinaron a súa continuidade no clube.

A Segunda Galicia presenta moitas máis novidades. Por exemplo, a renovación de Jose de la Vega no Mondoñedo e as incorporacións á doutrina do Cabreiros de Iago Vázquez ou Ismael (que xa adestrara co equipo durante a segunda volta da pasada campaña, e que ten pasado no Cazás e no Catro Roldas), así como do gardamallas Lino, quen ven de rematar a súa etapa como xuvenil no As Pontes.

Por último, no fútbol feminino, o Carballedo segue a confeccionar o seu cadro de xogadoras para a ilusionante campaña que se presenta. Así, María Varela e Laura Delgado son novas integrantes do conxunto chantadino.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*