Este luns espertamos cun doble bombazo na Mariña. Un par de mediocentros que cambiaban Ribadeo por Viveiro. O vilalbés Iván e Tichu formarán unha medular de luxo en Cantarrana. Acompañando a Xaime, claro está. Estes son os primeiros movementos do cadro mariñán, que promete emocións fortes un verán máis. No entanto, no Celta Barreiros non deixan de aumentar a ilusión. Kaxé, Damián e Moha renovaron e suman tres pezas máis nun cadro de xogadores realmente interesante.

En Cospeito xa teñen o equipo prácticamente perfilado, a expensas dunha fichaxe. Continúan na Fonte unha campaña máis os seguintes xogadores: Diego, Luis, Lalo, Tito, Martínez, Rus, Javi, Paredes, Diego Rábade, Cabana, Dani, Jesu, Vispalia, Álex, Nano, Congui, Xoán e Jose.

Os banquiños da Primeira Galicia aumentan os seus inquilinos. Uns repiten, coma no caso de Fontal no Páramo. E outros, estrean navegantes. Así sucede na Mina, onde Andrés Bouza cambia de función. Deixa o seu cometido coma xogador para poñerse á fronte da Pontenova.

Onde manteñen unha liña continuista dende hai anos é na Cheda. Álvaro Meilán continuará á fronte do primeiro equipo, independentemente da categoría na que participe: Preferente ou Primeira. Káiser e Dani Galán mantéñense na dirección deportiva da base branquiazul. As novidades capitalinas este ano chegan coa finalización do acordo co San Roque. Iso sí, Manolo García dirixirá unha campaña máis aos de Montirón. Un equipo que se terá que renovar moito debido ás baixas. Dúas delas, importantes na defensa. Esteban e Heitor xogarán na Residencia.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*