Un dos últimos en rematar a campaña non seguirá no seu equipo. O extremo lucense Diego Rey deixa o Compostela. E sen movernos da Terceira, o capitalino Ross cambia o Cultural Areas polo Arenteiro. No entanto, outro ilustre coma Fidi renovou no As Pontes.

Na Primeira Galicia, Pastoricense e Monterroso conseguiron renovar o groso do seu cadro de xogadores. Os do Acebreiro incorporaron dous efectivos á causa. Kevin Díaz chega dende o xuvenil do Castro mentres que Diego Gandoy faino dende o San Roque. Ademais, Fran Veiga xa ten segundo adestrador: Tucho. O exxogador do Muimenta e do Peugeot Vilalba, será a man dereita do novo técnico do Pastoricense.

Pola súa parte, en Cerdeiriños buscan un gardamallas tralos adeus de Chumi e Roi. Logo, farán unha ou dúas fichaxes máis. Os de Roberto Rielo comezarán a pretempada o 30 de xullo, con varios xuvenís e xogadores do filial. O primeiro amistoso será o 2 de agosto ante a Sarriana na Ribela. Por último, o Chantada incorporou ao meta Adri García. O canteirán do Calasancio procede do Bóveda.

No fútbol máis modesto, Vilariño substitue a Óscar Núñez á fronte do Ferreira. No Cospeito, manteñen o seu corpo técnico. José Carlos continuará coma xefe de operacións, escoltado por Juan. Álvaro Puente encargarase dos porteiros. Causan baixa Joel e Orosa. Suben dende os xuvenís Xesús e Jesús. O meta Alberto alternará os xuvenís co primeiro equipo.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*