Alberto López

Os irmáns López son os grandes protagonistas da fin de semana. Javi López, que o tiña todo feito para ser adestrador da Sarriana, cambia a Ribela pola base do Lugo. Alí, o antigo director de orquesta do Castro, ocupará o posto de coordinador. Relevará a un Adrián Laureda que deixa un impresionante traballo coma legado. Curiosamente, a vacante no banquiño sarrián será ocupada polo irmán de Javi: Alberto López. O mítico preparador lucense, cuxa última aventura foi no Atlético Escairón, asumirá o reto do regreso á Preferente da Sarriana.

E falando de adestradores, Nico renovou no Iberia. Ao igual que Ramón Labrada no Riotorto. Iso sí, haberá novidades no seu staff técnico. Diego Gigán deixa o Castroverde para facer as labores de segundo técnico na Veiga. O preparador de porteiros será Fidalgo. Por último, a xa de sobra coñecida marcha de Óscar Gilsanz de Vilalba. O betanceiro despídese na cumbre, despois de firmar a mellor páxina da historia do Rácing Villalbés.

No tocante a xogadores, Ivo cambia a portería do Xermade pola do Santaballés. E Gabri pon punto e final á súa etapa en Riotorto. O seu próximo destino semella ser o Xove Lago.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*