A Mariña segue a protagonizar boa parte dos movementos nestes primeiros días de mercado. A S.D. Burela refórzase para o seu retorno á Primeira Autonómica, e faino con Jony, procedente do Valadouro, e con Miguel, que volve aos seus orixes logo de catro temporadas no Ribadeo.

Miguel será un dos referentes do novo Burela en Primeira Autonómica

Pola súa banda, a S.D. Chantada deu a coñecer quen se fará cargo da coordinación deportiva do clube. Serán Dani Orcha, Juan Rodríguez e Adrián «Traste«. Tamén hai relevo no Sagrado Corazón. Dani Díaz, deixa a coordinación do equipo lucense para adestrar ao Poio Pescamar da Primeira División Feminina de Fútbol Sala. O seu posto ocuparao Fran Fernández. O Lemos B segue a reforzarse, fiel ao seu ideario de fichar xente da comarca monfortina, desta vez con Luis Rodríguez, central procedente do Sober.

Pablo Antas, volta á división de bronce, onde xa militara co Somozas. Logo dun ano no Bergantiños, o de Monterroso vén de asinar no Rápido de Bouzas.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*