Borja Mella, seguindo a xogada ao fondo (de amarelo)

Comeza o gran baile na Mariña. Onte saltaba a bomba. Cantarrana xa ten novo dianteiro. Non é un calquera. Borja Mella, goleador contrastado, deixa San Ciprián pola veciña Viveiro. A renovación de Chusky puido ser a gran clave desta fichaxe de campaniñas. Iso sí, para haber entradas téñense que rexistrar saídas.

Alberto e o meta Trullo marchan dirección Xove. Alí veranse cun Miguel Sancosmed, que recluta a Borja dende o Valadouro. Un dos rivais do cadro verde, o Monterroso, conta cunha importante baixa nas súas filas. Despois de media vida defendendo a portería de Cerdeiriños, Roi deixa o conxunto da Ulloa.

Por último viaxamos ás altas esferas. O chairego Michi Leal continuará unha campaña máis no Silva de Terceira División. Unha categoría que deixa Iago López para recalar no Rápido de Bouzas. Nesta aventura na Segunda División B non estará só. O vilalbés Kiko regresa á terra logo de dous anos en Formentera. Un central de altura para o Rápido.

Comparte
                                                

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*