Diario dun mercado. Episodio 48

Seguen chegando máis novidades en canto aos movementos de mercado. E dende Futbolinlugo tratamos de chegar cada vez máis ao resto de equipos que aínda non tiveron a súa presenza no noso diario. Hoxe descubrimos algúns deles, xunto con outros máis habituais.

Na mesma función levou a Milagrosa á Segunda División Nacional onde xogou a tempada 2015/2016

Joaquín Blanco pasa a ser o novo adestrador da Milagrosa feminino, así como director do fútbol da escola do conxunto da capital lucense. O técnico conta con experiencia no Nuevo Recreo Industrial de León, SDC Residencia, SD Guitiriz e tamén xa con pasado na Mila. Por outra banda tamén é seleccionador de Lugo feminino na categoría sub-15.

No fútbol masculino, na Segunda Galicia o Abadín só incorpora como fichaxes, en principio, a Alberto que vén do Matela. Non obstante, hai unha serie de futbolistas que están facendo a pretemporada co resto de xogadores e que ao longo deste mes se decidirá o seu futuro. Entre eles, Iván Barro e Iván Seco que son xuvenís. Tamén probará Diego del Río que vai tentar retomar o fútbol despois de dous anos de lesión. Situación similar a de Suso, xa que unha lesión de xeonllo lle fai dubidar de se poderá competir. Por último, o xuvenil Pablo Díaz está traballando co equipo pero ten a intención de recalar noutro conxunto xuvenil da zona. Ás baixas xa comentadas de Esteves (deixa o fútbol) e Pedro (Cazás), súmase a de Rato que seguirá xogando o fútol nos veteráns do Abadinense. No tocante a pretemporada o Abadín recibirá o 12 de agosto ao Ourol, o 15 xogará co Catro Roldas, o 18 e o 25 fronte o Castroverde (un nunha localidade, outro na outra) e o 3 de setembro contra o Rioaveso.

Na mesma categoría o Iberia segue anunciando incoporacións. Adrián Vijande volve ao fútbol campo despois duns anos practicando o fútbol sala. Tamén chega ao conxunto de Reinante o lateral Marcos tras pasar polo Muralla, San Roque e Guntín. Na zona sur o Chantada Atlético tamén ten planificado este mes intenso de amigables. O 9 enfróntase ao Cogal Rodeiro, o 13 ao Taboada, o 19 co Sober, o 22 co Lemos, o 26 reciben ao Bóveda e o 2 fronte ao Relámpago Taboada.

Na Terceira Galicia, o CD Rábade incorpora ao lateral dereito Cristian nativo de Rábade. Outro do concello rabadense que está a punto de chegar é o media punta Sergio, ex xuvenil do Outeiro que podería formar parte do equipo do seu pobo. Dende o equipo optarán por xogar poucos amistosos, polo momento teñen confirmado un triangular o día 3 de setembro co Celeiro e outro club. Tamén se espera un enfrontamento co Friol aínda por confirmar. Na mesma división, o Corgo incorpora a Iago Alonso, ex canteirán da Residencia.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*