A fin de semana pasou factura para os nosos clubes e os movementos no mercado escasearon. Sen embargo, entre outras cousas, Futbolinlugo coñeceu cales serán os partidos de pretemporada do Lemos, un clásico do fútbol lucense en proceso de reconstrucción.

O primeiro encontro será na casa fronte o Oural o día 6 de agosto. O 9 mediránse ao Brollón na Pinguela, e o día 12 visitarán Lalín para xogar ante o clube da vila, outro clásico do fútbol galego. O día 15 o rival será a Sarriana na Pinguela e o 19 viaxarán ata Ferreira. Para rematar a preparación, enfrontaránse ao Chantada Atlético en Monforte o día 22, e tamén en Monforte, neste caso o día 27, xogarán ante A Peroxa e o Velle.

Tamén temos novidades no fútbol base. Na División de Honra Xuvenil, o CD Lugo está a confeccionar o plantel. Contan coa renovación do adestrador, Alex Antón, e con dúas incorporacións no corpo técnico, Pablo Martínez e Brais Prados. En canto aos xogadores, mantéñense Julen, Jimmy, Rubi (xa no «A» o ano pasado) e os que suben desde o xuvenil «B». Incorporan a Roi (Sporting Pontenova sénior), Brais do Foz e a dous estranxeiros: Nathan (suizo) e Stjin (holandés).

Agardamos coñecer máis novas de todos os nosos clubes!!!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*