Nestes días a provincia debate entre os clubs partidarios de non xogar mentres a pandemia non cambie de rumbo; e os que cren que a volta é posible. Polo que non queda moito oco para as fichaxes. Ademais moito dos cadros de futbolistas xa están confeccionados a estas alturas. Á espera do que pasa finalmente coa competición. Non obstante, aínda hai algunha nova que tiñamos pendente de comentar.

Lucía Pardo comezou xogando ao fútbol sala en Outeiro, pasou polo Azkar e comezou ao fútbol campo na Milagrosa. Esta é a súa sexta temporada en Friol, do que, ás veces, exerce de capitá sobre o terreo de xogo

Unha das novas máis agardadas era a renovación dunha das mellores xogadoras da provincia. Lucía Pardo seguirá no PM Friol. Unha noticia xa sabida, aínda que non anunciada polo cadro friolés. Fíxoo este martes acompañado tamén da estrea dunha páxina web. Lucía Pardo cumprirá a sétima temporada no Friol. Seguirá sendo unha das referentes do proxecto que este curso adestra Abraham García.

Na Terceira Galega, semella que o Lugo B aínda non ten o cadro de xogadores pechado. Como adiantou @infutbolgalicia, Iago Novo converterase en novo xogador do filial albivermello. O futbolista chegaría procedente do Fabril.

Na Primeira Galicia, Pablo Castañeda regresa ao Lourenzá. Ademais os xuvenís Hermida, Diego e Barreira formarán parte do conxunto laurentino. Con estas incorporacións, son 22 os futbolistas que, nun principio, estarán as ordes de Robertor Ramallal. Por outra banda, Rubén Candal renova co San Lázaro. O polivalente xogador lucense conseguiu un traslado laboral dende Madrid e non tivo dúbidas en seguir. Ademais o cadro adestrador por Diego Rey tamén incorpora a Gabri e Vity.

Na Segunda Galicia de futfem o Antas tamén anunciou as primeiras renovacións. O conxunto preparado por Melendo anunciou a continuidade de Mel, Maite, Noe, Paula Méndez, Maria e Iria.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*