Pichichi González liderará un ano máis o ataque do Castro

O noso fútbol quedou un pouco máis orfo a noite do venres. Minarzique deixounos moi pronto, aos 21 anos. Esa temible e odiosa enfermidade puido con él. Descanse en paz. Dende aquí, mandámoslle un abrazo moi forte ás familias do Valadouro e do Burela, onde se formou.

Esa mesma noite o Castro anunciou dúas renovacións importantes. Dumi e Iván González, homes importantes no vestiario chairego, seguirán vestindo un ano máis a elástica vermella. Pero se nun lado levan o tema das renovacións ao extremo é en San Ciprián. Nin máis nin menos que dezasete. O conxunto de Chusky, que firmou unha segunda volta para enmarcar, contará para a próxima campaña con moitos dos protagonistas desta: Madariga, Marco, Carlos, Poceiro, Chiqui, Antón, Gio, Xoel, Tomi, Borja Rego, Racha, Juan, Quelle, Carra, Dani e Fabián así coma o xuvenil Martín, que sube ao primeiro equipo. E que vai ser de Borja Mella? Pois tamén. O pichichi non quixo cambiar de aires e pertencerá un ano máis á disciplina mariñana. Unha entidade que deixan Villar e Abel, con destino ao Folgueiro. Xesús poñerá rumbo a Viveiro.

Neste mesmo capítulo de baixas, o San Lázaro confirmou o adeus do meta Roberto, que marcha á categoría de veteráns. E tamén o de Iván, interior zurdo. Outra despedida dun ilustre chegou dende algo máis lonxe. O vilalbés Ángel Fraga deixa a portería do Celta B. Nos próximos días coñecerase o seu novo destino. Por último, o exxogador do Rubián Ángel Rodríguez incorpórase ao Brollón. Un extremo puro e duro para aumentar a metralla ofensiva do cadro sureño.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*