Non pasaron nin doce horas e xa estamos aquí cun novo Mercado. Hoxe comezamos pola Terceira galega, onde o proxecto do Polvorín xa colle forma. Haberá moitos cambios como todos os anos. Iso si, varios vellos coñecidos seguirán. Os primeiros en asinar a renovación poden ser dous homes da casa. Todo apunta a que Marquitos e Arón se manterán de albivermello unha campaña máis.

Baixamos unha categoría para falar do continuista Santaballés, onde causa baixa o polivalente e feirense xogador Abraham. Na Primeira, o Outeiro de Rei fíxose coa cesión do centrocampista Ánder. Polivalente xogador que militou esta campaña no San Roque e chega a préstamo dende a Residencia. Nesa mesma liga, o Portomarín renovou a tres homes importantes: Pisos, Mosquera e Sergio Arias ‘Rooney’.

Por último, na Segunda, o Incio contará coa importante baixa de Urdi e a retirada de Raúl. Incorpóranse facer a pretemporada cinco homes: o central Davicín, o extremo Lynget, o medi Saúl, o porteiro Lisboa e o centrocampista Diego Valenzuela. Os do Carboeiro queren iniciar a pretemporada o próximo día 3 de agosto, se as autoridades sanitarias así o permiten.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*