Anímase algo máis o mercado na Preferente. O Atlético Escairón vén de realizar dúas incorporacións nas últimas horas. Ethan, home da terra, vestirá a azul do Saviñao despois do seu paso polo Ordes e os xuvenís do Lugo. Estará acompañado por Lucas Costa, antigo xogador do Chantada Atlético. Por outra banda, o Foz segue a peinar o mercado en busca dalgún defensa. Xa que todo fai indicar que Álex Carreiras e Jesús Pablo non continuarán na disciplina mariñana.

Na Primeira, Marcos Paguato volve ao Folgueiro. E por Monterroso, manteñen a súa política de renovacións. O meta Sergio Cid, Iago Sobrado, Gontá, Raúl Antas, Porto e David Quintá aseguraron a súa continuidade no cadro comandado por Juan Rodríguez. A mala nova por Cerdeiriños é a retirada de Pablo, despois de máis de dúas décadas de servizo ao club.

E na Segunda o Becerreá manterá a case todo o seu bloque da pasada temporada. A excepción de César que, como xa dixemos, xogará no Corgo. Un Corgo que anunciou varias novidades. Álex Moreno e Rafa chegan a un Municipal ao que regresa Saavedra. Pablo Rochela e Moreno renovan. Jony Díaz sobe ao primeiro equipo. Por último, Lara, Luci, Jenny, Andrea, Esther, Lidia Seijo e Almudena foron presentadas no equipo feminino.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*