Neste verán futbolísticamente atípico, e no que a competición aínda non ten data marcada para o seu retorno, os clubes lucenses seguen a moverse no mercado.

O C.D. Foz fichou ao gardameta Rubén, que chega procedente do Viveiro. O xove xogador do Valadouro xa deu mostras das súas cualidades esta temporada na Preferente. Ademáis, presentou oficialmente a Jorge, que retorna ao clube logo de xogar as últimas temporadas no Celta Barreiros

Boas noites:Seguimos traballando tódolos días para confeccionar a plantilla do equipo de aficionados, aunque non se…

Publicada por Club Deportivo Foz en Viernes, 17 de julio de 2020

O Monterroso, logo de confirmar a súa continuidade, xa comezou a confeccionar o seu cadro de xogadores. Os de Cerdeiriños renovaron a Lorenzo, Cañón, Rafa, Basi e Bily. Pola súa banda, a S.D. Chantada renovou a Beni como segundo adestrador. O Burela renovou a Jairo López, que chegara no mercado invernal do veciño Viveiro. O Folgueiro acadou a fichaxe de Mario Gómez, xogador que xa formara parte do clube.

Na Segunda Autonómica, o Mondoñedo confirmou a súa primeira fichaxe. Trátase de Javi Álvarez, futbolista de ataque procedente do xuvenil do Lourenzá. Outro atacante, Luis cambia de clube, pero non de concello. Xogará no Río Sil ao que chega desde o Sober. O Palas contará baixo paos con Brais, ex adestrador da S.D. O Páramo.

Hoxe anunciamos a primeira fichaxe pa tempada 20/21. Javier Álvarez xogador procedente das Escolas deportivas Lourenzá….

Publicada por Mondoñedo FC en Viernes, 17 de julio de 2020

Comparte
                                                         

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*