A imaxe do relevo en Monterroso. De Óscar Méndez (esquerda) a Juan Rodríguez (dereita).

Moveuse o mercado nas últimas horas. Con cambios importantes na maioría das categorías. Na Terceira División, según adiantou La Voz de A Mariña, o meta Rubén non seguirá no Viveiro. O club busca un meta e un mediocentro. Este último perfil podería quedar cuberto moi pronto. O que tampouco continuará na categoría é Luis Díaz. O xa excentrocampista do Polvorín converteuse na fichaxe estrela da Sarriana. O pivote lugués agarda olvidar as lesións que tanto o lastraron este ano e mostrar todo o seu fútbol na Ribela.

Na Primeira, o Castro asinou a un ex do Viveiro, o defensa Yoel Astariz. Ademais, o ex do Pol Xoel realizará a pretemporada ás ordes de Juan Peón. O Burela renovou a tres talentos: Riki, Saúl e Jairo Ares. Xa na capital, o lateral Samu non seguirá no San Lázaro. Se nada se torce, o seu destino será o Outeiro de Rei. E a gran bomba da categoría saltaba onte á tardiña, cun novo trasvase entre Chantada e Monterroso. O antigo técnico e coordinador da SD desempeñará as mesmas funcións en Cerdeiriños. Óscar Méndez non renovou en Monterroso e o seu antigo segundo Juan Rodríguez farase cargo do primeiro equipo vermello así como da coordinación de toda a base.

Xa na Segunda, o meta Sebas renovou no Corgo. O Antas sufre dúas baixas importantes por motivos laborais: Costa e Andrés. Por último, ao cadro feminino do Castro Seoane chegaron dúas caras novas: Noelia e Laura Quintás.

Comparte
                                             

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*