César cambia Becerreá polo Corgo

Temos un gran protagonista no Diario de hoxe: o novo Corgo de Suso Tallón. Que onte anunciou multitude de novidades. Ademais de outras das que puido enterarse esta casa. O club anunciou as renovacións de Michi, David Cabado, Borjita, Óscar Nené, Carlos e Rochela. Ademais, comunicou ata catro fichaxes: o central César (Becerréa), o extremo Willy (San Lázaro), Iago García (Lucense) e Yeray (Sagrado Corazón xuvenil). Ademais, o míster corgués repescou moito talento do que coñeceu na súa etapa na Milagrosa. O extremo Diego Tejeda e o central Canedo tamén chegarán ao Municipal do Corgo. Quizais acompañados polo lateral zurdo Manu Ascariz, quen chegou a facer unha pretemporada co Lugo de Quique Setién. O zagueiro lugués realizará a pretemporada co equipo e comprobará se o seu xeonllo lle permite volver ao deporte rei. Nesa mesma categoría, o Abadín pechou ao dianteiro Borja Silvosa. Un home-gol que estivo no Riotorto a pasada campaña.

Ademais, contamos nesta xornada cunha serie de apuntamentos varios. O meta Tomy renovou en Burela. O antigo central do Ribadeo Pablo Rivas ‘Prosi’ fichou polo San Tirso. Por último, o Rubián incorpora á causa a Adrián ‘Agur’, ex do Calasancio.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*