No Diario de hoxe a Primeira e a Segunda copan todas as novidades. Comezamos pola división superior, onde o Castro renovou a Lois e Ónega. Ademais de Isaac, que seguirá a desenvolver a súa tarefa coa base vermella.

Na Segunda, o novo proxecto do Meira empeza a coller forma. E boa! Alberte chega dende o Riotorto para ser unha referencia no ataque do cadro de Labrada. Ademais, o Quiroga renovou a Chomi, Cañero, Hugo e Brian. Por último, o Antas fixo pública a súa estrutura. Koeman convertiuse no seu novo presidente. Melendo adestrará ao sénior masculino e feminino. Txiki e Dani faranse cargo da base do Castro Seoane.

Comparte
                                    

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*