Comezamos un novo episodio do noso mercado co retorno ao fútbol lucense de Ruchi. O xogador de Becerreá xogará a vindeira temporada na Sarriana, logo do seu periplo no Paiosaco e Somozas, onde foi un pilar importante no centro da defensa. Coincidirá na Ribela cun vello coñecido: Javicho. O de Portormarín, que coincidiu co central da montaña no Castro, asinou a renovación no cadro sarriao. A Residencia reforza a súa portería logo da saída de Dani Pérez, coa chegada de Yaya, gardameta con ampla experiencia no fútbol lucense.

Temporada 2020/2021| FICHAXES |Procedente do U.D. Somozas, Ruben Lopez¡Moita sorte Ruchi!#SDSARRIANA

Publicada por SD Sarriana en Martes, 23 de junio de 2020

Heitor será un dos principais reforzos do San Roque

Na Primeira Autonómica, o Pol segue a perfilar un cadro de xogadores de moitos quilates. A liña atacante do conxunto que adestrará Alberto López contará cos reforzos de dous xogadores de Friol: Luki, que chega ao Manuel Luna logo de cinco temporadas no Ribadeo e Dani Roca, procedente do Riotorto. Tamén se reforza o San Roque, coa chegada do ex da Residencia Héitor, así como de Jaime do Sporting Lucense e do xuvenil Cristian. O Chantada continúa coa renovación da maior parte da súa plantilla. Martín e Michi xogarán outro ano máis no equipo de Sangoñedo.

Outro conxunto que apostou pola continuidade foi o Matela. Seguirán un ano máis no clube Pedro, Veiga, Lugilde, Lamela, Kevin, Nico, Álex, Joni, Adrián ‘Torito, Cristian, Nacho Cortiñas, Johan e Tuto. No fútbol feminino destacamos a continuidade no banquiño da S.D. Chantada de Álex Varela.

Esta vindeira temporada teremos que prestarlle atención á Preferente Aragonesa. Alí xogará un lucense: o dianteiro Nilo, que asinou no C.D. Herrera.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*