Buyo, o habitual 3 de Simón Lamas

Vai de renovacións a cousa na Terceira. O lateral esquerdo do Rácing Villalbés segue a ter o mesmo nome propio: Buyo. Un indiscutible para Simón Lamas. Na Mariña, tamén continúan dous defensas. Neste caso no Viveiro. O lateral Agus e o central Roi prolongan unha campaña máis o seu compromiso co cadro de Cantarrana. Para esa mesma categoría, sona con forza o regreso dun vilalbés emigrado á nosa provincia. Según o portal de Twitter @futgalicia_info o fabrilista Víctor Eimil contaría cunha oferta do Polvorín e outra do seu Rácing Villalbés. Veremos cal é a súa elección en próximas datas.

Na Preferente, todo indica que Pepe Rivera seguirá catro anos máis na presidencia do Foz. Na asemblea de socios de onte non houbo candidaturas presentadas e o actual presidente semella que se comprometeu a facer unha directiva. Isto podería derivar na renovación do actual adestrador Javi Chinchón nos vindeiros días.
E falando de adestradores, o Acebreiro contará un curso máis con Fran Veiga no banco. Renova así o técnico do Pastoricense. Ao igual que José Manuel e Carlos Devesa nun Iberia que apunta a unha campaña máis ilusionante que esta última.
No capítulo de xogadores, Bruno Rodríguez renovou no Lemos B. E xa se coñecen varias das fichaxes do Bóveda de Julio Corral. Si que tiña traballo adiantado o experimentado preparador! Regresan ao Hermanos Somoza dende Quiroga Yago e o central Diego. Así mesmo, chegan dende o xuvenil do Monforte Shane, Méndez, Lucas, Nico e Salas. Así como Juanjo, Nico e Juampi.
Comparte
                                       

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*