A Sarriana, que venceu o pasado domingo pola mínima ao Monterroso (2-1), conta cunha interesante fichaxe para o seu ataque. Javi Fraga, a referencia do Castro, cambia o Arturo Pereiro pola Ribela. Ademais, na Primeira Galicia rexistráronse unha morea de renovacións. Continúan en Guntín: Diego Castro, Diego Fernández, Buján, Cadete, Pena, Estévez e Lucho. No Santaballés aínda son máis. Dani Moirón empezou onte a súa segunda aventura na Liga co groso de xogadores da campaña pasada: Daviz, Adrián, Chechu, Ivo, Seo, Neska, Nito, Muñiz, Martín, Soto, Palomo, Álex Novás, Abraham, Hugo, Jandro, Adri, Dani, Pelao e Vérez. Pola súa parte, o Riotorto engade ao seu proxecto a Óscar Iglesias. O antigo xogador da Fonsagrada e porteiro do Prone estará así ás ordes de Suso.

Xa na Segunda Galicia, Hugo Gegúndez e Borja Pereira continúan un ano máis en Xermade. Laura Carnero fará o propio en Chantada. No capítulo de pretemporadas, este xoves dispútase o trofeo Maruxaina entre San Ciprián e Viveiro. E tamén coñecemos a preparación do Riotorto. Enfrontarase a Vegadeo (7A), Pol (14A) e Guitiriz (28A).

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*