Con boa parte dos conxuntos lucenses xa coa pretemporada pechada en canto a amigables, o mercado de fichaxes segue aberto, con moitos equipos apurando as últimas incorporacións e outros aínda sen perfilar a súa columna vertebral.

Na Primeira Autonómica seguimos sen ter novidades en canto a incorporacións dun Riotorto do que saen dous novos xogadores. Antón e Gabi incorpóranse ao Pastoricense. O equipo de Fran Veiga refórzase este verán con xogadores de garantías para non pasar apuros na vindeira temporada. Un dos que se perfila como candidato ao ascenso é o Atlético Escairón. Con Montoto confirmado para o banquiño, chega ao Saviñao un mítico do fútbol provincial: Marino, ex da Sarriana e do Oural aportará experiencia e goles.

Outro conxunto que protagoniza o mercado é o Paradela, recén ascendido a Segunda Autonómica. Incorpora ao seu plantel a Debasa, un dos referentes goleadores da categoría, procedente do Corgo, así como a Manchev, do San Lázaro. Rubén Poceiro, retorna ano e medio despois ao San Ciprián para reforzalo mediocampo, logo do seu paso polo Viveiro. O Becerreá asegúrase a continuidade de Alberto Grandío, «Titi«, que cumplirá a sétima temporada no conxunto da montaña.

A S.D. Burela feminino renova a Iris Barro e incorpora a María Míguez, Sandra Barro, procedente do Viveiro F.S.F., e a Ariadna, do Luarca.

Amistosos

O Polvorín goleou ao Somozas por cero goles a catro no segundo encontro de pretemporada do conxunto de José Durán. Gabarre, Nico e Morais en dúas ocasións foron os autores dos tantos.

Comparte
                                                               

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*