Comezamos o baile pola Terceira División. O chantadino Pedro Delgado, ex do Polvorín e Céltiga, xogará esta temporada no Ourense CF. Un xogador polivalente que pode alternar as posicións de central e mediocentro. Na Preferente, a Sarriana segue co seu interesante proxecto. Vén de asinar a Fernandito, ex do Ribadeo. Un home que pode ocupar distintos postos no terreo de xogo e que compaxinará a súa faceta coma xogador coa de técnico. Xa que Fernandito renovou coma técnico do Portomarín ao igual que o seu compañeiro Óscar Pampín.

Nesa mesma Segunda Galicia hai que despedir a un ilustre. Manchev deixa o San Lázaro tras nove anos en dúas intensas etapas. Xa na Terceira, coñecemos ao primeiro xogador do novo Carballedo. Non é outro que Carlos López, ex do Sober. Ademais, os irmáns Álex e Joel Vasco así coma Faus renovaron na Milagrosa. Avecíñase moito movemento pola antiga Frigsa. Por último, no capítulo de fútbol feminino, a porteira Deby converteuse na quinta renovación do Burela.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*