Xa coa data de comezo prevista en Terceira e Preferente, continúa a posta a punto dos nosos equipos. Na Preferente o protagonista é o C.D. Foz, que pechou dúas novas incorporacións. Andrés Bustelo, procedente do Xove Lago, reforzará o centro do campo do conxunto de Gayol, mentras que Manolo retorna ao Martínez Otero logo dunha temporada no Riotorto, para facer o que mellor sabe: marcar goles. Fóra das fronteiras da nosa provincia, tres xogadores lucenses formarán parte do Fabril na Terceira División: Iago Parga e Víctor, que retornan logo ao clube logo do seu paso polo Laracha, e Diego Villares, despois de xogar a segunda volta cedido no Racing Vilalbés.

 

Na Primeira Autonómica, Cristian «Rodas« regresa a un Atlético Escairón que segue a confeccionar unha plantilla para pelexar polo ascenso. O Lourenzá presentou dous novos xogadores. Un xa é coñecido: Manu Santamarina, que pasará a formar parte do primeiro equipo logo de rematar a súa etapa xuvenil, aínda que xa participou a pasada temporada ás ordes de Diego Rego. Os laurentinos tamén reforzan a defensa coa chegada de Javi Arruñada, que se formou na canteira do Racing Vilalbés e a pasada temporada formou parte do C.D. Foz. No San Roque cabe destacar as baixas de Aldo e Bruno. O ex gardameta da Milagrosa Luisito defenderá a portería do Pol a vindeira campaña.

Presentación de Manu Santamarina e Javi Arruñada como xogadores do Lourenzá

Os recén ascendidos a Segunda Autonómica acaparan o protagonismo no mercado. No grupo Norte, o Celta Barreiros segue a perfilar o seu plantel e incorpora ao mediocentro Adrián Rivas, xogador formado no C.D. Foz que descolga as botas logo dun periodo de inactividade. No grupo Sur, o Paradela ficha a Rubén, xogador de medio campo ou de banda, no que será o seu primeiro ano de sénior. Estivo na base do C.D. Lugo e Residencia, así como a  Adrián, un gardameta con experiencia na categoría, procedente da Comercial. O Ferreira ficha a Manuel Pedreira, que chega logo de facer unha boa temporada no Río Sil. Álex e Saavedra seguirán unha campaña máis defendendo as cores do Corgo.

No fútbol feminino, o Carballedo case conta co seu plantel ao completo. Coa renovación de Verónica Carballo xa son dezanove as xogadoras confirmadas de cara a nova temporada.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*