A idea era comezar con isto en xuño pero… Vista a vosa resposta e o movemento do mercado, vémonos obrigados a sacar unha nova entrega do noso mercado particular. Viaxamos á Mariña, onde apostan pola continuidade dos técnicos. O Ourol seguirá confiando en Loiso (Luis Pérez) na súa nova aventura na Segunda Galicia. E subindo unha categoría atopamos renovacións por triplicado. Jesús Gayol seguirá á fronte do Foz, Abel Eijo continuará dirixindo ao Burela (independentemente da categoría) e Kiko Rey permanecera en Xove. Un conxunto que anunciou unha renovación máis: a de Aitorín. Iso sí, Trullo marcha rumbo ao Viveiro de Preferente.

Xa na capital, o Sporting Lucense terá que buscar novo inquilino para o seu banquiño. Guty e Hugo Vázquez confirmaron o seu adeus. Despedida que se fai extensiva aos futbolistas Álex, Marcelo, Borja Candal e Alejo. O cadro lucense terá que fiar fino no mercado para paliar tanta perda de talento.

Desplazámonos uns poucos kilómetros para asegurar o que era un segredo a voces: Julio Corral adestrará á Sarriana coma confirmamos na entrevista que lle fixemos onte. Na que nos comentou, por outra banda, que Diego Samos será xogador seu. Ademais, os veciños do Páramo deberán firmar técnico. Diego ‘Melenas’ anunciou no día de hoxe a súa despedida dun clube no que foi xogador, preparador físico e adestrador. Rubén Candal podería ser o seu substituto.

 

Comparte
                                          

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*