A Xornada 4 foi a das primeiras veces. A da primeira derrota do Foz ante un invicto San Roque. A da primeira victoria do Bóveda. Ou a do primeiro gol de Robertito no seu regreso ás Rapadas. O primeiro de moitos, a bon seguro.

Tamén foi a de triunfos sufridos. Como o da Sarriana no Valadouro, con dous tantos nos últimos dez minutos. Ou o do Monterroso en San Ciprián, nun encontro de infarto. Ademais, moitos empates. O Riotorto, que viu como lle anulaban dous tantos, estrellouse contra o muro do Ferreira. O Santaballés arañou un empate ante o Lemos dun Toto, que xa comeza a destacar. O Páramo case provoca a primeira derrota do Chantada. E o Taboada neutralizou o tanto do Xove para arañar un puntiño. Por último, o Xermade encaixou unha nova goleada ante a Pontenova.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*