*Pastoricense-Outeiro de Rei: Dominio visitante que só tivo o premio dun punto no minuto 94. A gran defensa do Pastoricense, unido á súa efectividade explican á mínima vantaxe dos locais ao descanso. Na reanudación, o Outeiro incrementou o seu asedio. Un balón ao pau, un gol anulado por fóra de xogo, un penalti detido por Casillas… Os puntos semellaban quedar no Acebreiro ata que Jorge Pereira salvou un empate nun saque de esquina.

*Friol-Páramo: Cómodo triunfo do Friol que volveu gañar dous meses despois. Un hat trick do presidente Rafa Casanova e un gol de Alberto Buján tumbaron a un Páramo mermado e no que debutou o defensa Iván Barrio, procedente da Sarriana. Os de Fontal tiveron unha oportunidade para engancharse ao encontro co 2-0 en contra. Non o fixeron e os e Jon Vázquez sentenciaron, aproveitando os espazos que deixaron os das Rapadas ao arriscar.

*Burela-Residencia: Un debut nunca se olvida. Pero o de Juan Souto menos. Estreouse coa Residencia, procedente do Viveiro, e rematou no hospital tras un choque de cabezas co mariñán Ánxel. Un lance do xogo que non tivo maiores consecuencias que unha visita de ambos xogadores aos facultativos e uns cantos puntos de sutura. No relativo ao xogo, a Residencia desperdiciou un gran número de ocasións. E viu como un sacrificado Burela se levaba o triunfo cun soberbio tanto de Jairo na segunda metade. Vitoria que poñía fin a unha xeira de catro derrotas consecutivas.

*Lemos-Monterroso: O líder deixou fuxir dous puntos do seu fortín. Valiosísimo empate do Monterroso na súa pelexa pola permanencia. Os de Román realizaron un esforzo físico encomiable. Defenderon coma xabaríns e os monfortinos apenas inquedaron na primeira metade. Os da Ulloa adiántaronse nunha contra na reanudación ante un Lemos que xa xeraba máis ocasións. Nunha delas empatou. Porén non conseguiu ver máis porta ante un rival que defendeu con uñas e dentes.

*Chantada Atlético-San Ciprián: Duelo trascendental pola permanencia, no que o Chantada Atlético levou a iniciativa durante a maior parte do mesmo. Os de Fran García chegaron a poñerse cun 3-0 ao seu favor. E aínda así temeron polo empate. Os do Sangoñedo sufriron un baixón físico no cuarto de hora final ante un San Ciprián que se creceu ante as adversidades. O equipo de Lekumberri lanzouse con todo a polo empate e só quedou a un gol de conseguilo. Un tanto que puido chegar nun posible penalti que o colexiado non decretou.

*Santaballés-Sporting Pontenova: O cadro de Dani Moirón regresa a postos de ascenso despois de golear ao colista. A Pontenova igualou forzas ata pasada a media hora de xogo. Aí, un gol en propia meta empezou a debuxar o escenario perfecto para o Santaballés: resultado a favor e a facer sangue á contra. Así o fixeron os chairegos, ante os ocos que deixaron os mariñáns na busca dun mellor resultado.

*Taboada-Pol: Espectacular empate nos Chacotes nun encontro no que todos os goles chegaron tralo descanso. Despois dunha primeira metade pouco entretida, o espectador disfrutou dun gran espectáculo na segunda. Os de Martín Murado colleron unha renda de dous goles ante un Pol que recurtou diferenzas cun golazo de Suso por toda a escadra. Os de Abad perdonaron a igualada e Guerreiro puxo o terceiro ante as protestas visitantes por fóra de xogo. Nas postrimerías do partido, o Pol salvou un punto. O meta suplente Cristian marcou o 3-2 nunha acción dubidosa e Carlitos sellou a igualada definitiva cun testarazo.

*Riotorto-Atlético Escairón: Os de Labrada seguen en caída libre ante un rival que comezou a tarde con problemas. Julito tivo que arranxar un manguito do bus dos do Saviñao para chegar ao campo. No verde, o Riotorto exhibiu a súa pólvora mollada unha xornada máis. Tívoas de todas as cores ante un combativo Atlético Escairón que firmou os tres puntos nun rexeite dun balón parado.

*Xove Lago-Chantada: Primaron as defensas e o respecto nunha primeira metade de poder. Na segunda metade foi o tempo dos golazos. Diego Chao adiantou ao Xove Lago. Anxo salvou un punto cun zapatazo dende uns trinta metros, xa en tempo de prolongación. O que está claro é que ambos conxuntos demostraron ser dos equipos máis en forma da categoría.

Comparte
                           

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*