*Ferreira-San Ciprián: Duelo de alternativas no Baliño, que rematou en táboas. O Ferreira marcou os tres primeiros goles do encontro. O primeiro deles, de Rubén Cidre en propia porta.

*Sporting Pontenova-Pastoricense: Victoria fundamental para a Pontenova na loita por evitar o descenso. Farra marcou para o Pastoricense no ecuador da segunda metade e deixou o partido aberto ata o remate.

*Sarriana-Páramo: Derbi moi disputado que decidiu Samos xusto antes do descanso. Na reanudación, Corbelle e Robertito pudieron empatar ante unha Sarriana que xogou perfectamente co tempo e a súa vantaxe.

*Xove Lago-San Roque: Os goles chegaron no último cuarto de hora de cada tempo. Dous de Juanjo Coello e outros tantos de Diego Chao. Victoria clara do cadro de Miguel Sancosmed. David Paleo debutou nos mariñáns.

*Chantada-Xermade: A primeira metade finalizou con empate a 1-1. A goleada chegou nos minutos finais. Xende estreouse cun tanto no primeiro equipo do Chantada.

*Santaballés-Riotorto: Novo empate para o Santaballés. Esta vez ao pouco do final. Christian adiantou aos de Labrada ao borde da media hora de xogo. Dani deixou un punto na Liga co seu postreiro gol.

*Lemos-Valadouro: O cadro de Edu Rodríguez xa mandaba por 4-0 aos trinta minutos de xogo. O Valadouro presentouse co once titular e o meta suplente Álvaro Labayén, que rematou entrando por Felipe Varela.

*Foz-Bóveda: Mínima vantaxe para os de Gayol ao descanso. Na reanudación, Gonzalo pechou o seu doblete e o Foz rematou goleando. Máquina regresou tres meses despois.

*Monterroso-Taboada: Un vello rockeiro, Óscar Méndez, fixo o único gol do derbi ao comezo da segunda metade. Un gol no que o Taboada reclamou fóra de xogo. Os da Medela viron como o colexiado lles anulou un tanto. A bancada de Cerdeiriños estivo ateigada.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*