*Santaballés-Lemos: O Lemos adiantouse nada máis comezar porén un gol no desconto propiciou un novo empate para o Santaballés.

*Bóveda-Pastoricense: Diego Gayoso entrou na segunda metade e o seu postreiro gol mete ao Bóveda de cheo na pelexa pola permanencia. Os de Cabanelas meten así cinco puntos con respecto ao descenso directo.

*Monterroso-San Ciprián: Tarde de novidades en Cerdeiriños. Primeira victoria do 2018 para o Monterroso, cun novo vello inquilino no banco: Adrián Vázquez. Os da Ulloa estrearon equipacións nun encontro no que Melchor asinou un doblete, saíndo desde o banquiño.

*Foz-San Roque: Gonzalo asinou un doblete nun encontro que o Foz non puido sentenciar ata o cuarto de hora final. Segue a racha triunfal do líder, que prolonga o seu gran momento. Juanito debutou cos focegos; que homenaxearon a Celso, delegado nos últimos anos.

*Chantada-Páramo: Manu marcou un gol en cada portería. O Páramo fixo un gran partido a pesares de xogar en inferioridade dende o minuto 23 pola expulsión de Álex. Iso sí, a victoria quedou no Sangoñedo. Kadete decidiu a menos de dez minutos para o final.

*Ferreira-Riotorto: O Riotorto desperdiciou numerosas ocasións pero logrou salvar un punto a dez minutos do final. O Ferreira, moi efectivo nesta xornada, segue sacando puntos no Baliño, feito fundamental se queren firmar a permanencia.

*Xove Lago-Taboada: Os goles chegaron nos vinte minutos finais de encontro. O tanto de Fabio deulle un punto ao Taboada e impediu a primeira victoria do Xove Lago no 2018.

*Sporting Pontenova-Xermade: Doblete chave de Pasarín para o triunfo do Sporting Pontenova. O segundo gol xusto á volta do descanso, resultou definitivo para un Xermade que se mantén en zona de descenso.

*Sarriana-Valadouro: Remontada espectacular e con polémica da Sarriana. O Valadouro gañaba por 0-2 pero un hat trick de Marzán na última media hora deixou os tres puntos na Ribela. Varios xogadores do equipo mariñán remataron o encontro sentados, agardando polo pitido final, en sinal de protesta pola arbitraxe recibida.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*