*Santaballés-Ferreira: Remontada do Santaballés ante o colista na última media hora de xogo. Todos os goles chegaron na segunda metade.

*Chantada-Valadouro: Os mariñáns, escasos de efectivos, chegaron igualados ao descanso. Na reanudación, o Chantada impuxo a súa lei. O técnico visitante Julio Castro rematou expulsado. Álvaro Labayén, meta suplente, tivo uns minutos coma xogador. Nos do Sangoñedo, tres xuvenís estiveron na convocatoria.

*Monterroso-Riotorto: Os de Labrada seguen en ascenso tras superar a un Monterroso que non coñece a victoria en 2018. Golazo de David Silva. Iago tivo que deixar o campo por un golpe, que comprobou nun móbil coma o CR7 do Madrid. Uns puntos nun centro médico e arranxado. O seu substituto Fran Pastor rematou expulsado. Jesús Pablo xogou de nove e fallou un penalti. No cadro local, debutou coma titular o xuvenil Martín Blanco.

*Sporting Pontenova-Páramo: Dura tarde para os irmáns Moirón. Dani, expulsado. Jorge xogou o seu último encontro. Deixa o equipo por motivos laborais. Lisboa resultou decisivo cun paradón para o Páramo nos compases finais.

*Bóveda-Xermade: Primeiro triunfo a domicilio do Xermade, que abandona os postos de descenso directo. A súa praza é agora para o Bóveda. Os de Cabanelas conseguiron remontar e poñerse 2-1 no minuto 85. No entanto, cederon ante o empuxe final dos chairegos.

*Xove Lago-San Ciprián: O 2018 non semella o ano do Xove Lago. Acumula todo derrotas. Como boa noticia, podemos salientar a estrea de Mintes no once titular de Miguel Sancosmed. Gran encontro do San Ciprián, que remontou na segunda metade un novo tanto de Juanjo Coello.
*Pastoricense-San Roque: Farra abriu a lata nada máis vovler do descanso. Iván sentenciou nas postrimerías para un Pastoricense que gaña en solidez no Acebreiro. A expulsión de Esteban, central do San Roque, marcou o encontro.
*Foz-Taboada: O líder segue con paso firme. O Taboada apenas tirou á porta visitante, se ben si creou perigo polas bandas. Tremendo golazo de Asier de falta directa.
*Sarriana-Lemos: A entrada de Samos revolucionou o encontro e a Sarriana sentenciou o ‘clásico’ con dous goles consecutivos ao comezo da reanudación.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*