*Páramo-Viveiro: O Páramo clasificouse para unha final de Copa por primeira vez na súa historia. O cadro de Fontal ofreceu un exercicio coral espectacular para rematar a un Viveiro sen ideas. Os de Chusky comezaron con intensidade e adiantáronse cun tanto de Xaime de penalti. A partires de aí, só Arturo conseguía levar perigo sobre a meta de Lisboa. O ‘cooling break’ hidratou de fútbol aos locais, que vían o empate máis cerca. Este chegou cun testarazo de Álex a placer nunha magnífica xogada de pizarra. No tramo final, chegou o resto. Corbelle fixo maxia tras un soberbio pase de Palle e Robertito sentenciou dende o punto de penalti. Unha pena máxima provocada por seu irmán Dieguito nunha xogada rocambolesca con Pelayo. O conxunto mariñán dispuxo de dúas boas oportunidades para levar o encontro aos penaltis. A falla de pólvora e a seguridade de Lisboa, impedírono.

*Taboada-Outeiro de Rei: Velocidade e medo a cometer erros nos primeiros compases. Pasada a media hora de xogo, o Outeiro atopouse cun penalti. Jorge Pereira non fallou. O Taboada saiu a pola remontada tralo descanso. Os de Martín Murado crían no empate porén unha contra fulminou as súas ilusións de cheo. Pereiro sentou a Sesín e Isma e aumentou as diferenzas. Aínda que, sobre todo, aumentou a confianza dos de Juan Peón. Cun marcador tan favorable, o Outeiro deplegou o seu mellor fútbol. Pechou as liñas de pase locais e permitiuse o luxo de sentenciar no cuarto de hora final. Xoel aproveitou un erro defensivo para selar o billete dos azulóns para a final.

Comparte
                  

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*