Entramos nunha época do ano de sentimentos enfrontados. Veñen as festas das xuntanzas, das comidas e das celebracións, pero sen fútbol; aínda que este ano algúns si teñen que xogar. Os partidos aprazados da xornada 17 na Preferente estanse disputando nestes días e colle a algún lucense polo medio (Ribadeo, Lugo B, Castro e Escairón). Tamén algúns clubs da Primeira Galicia desputarán a xornada adiada nesta época de Nadal, aínda que non todos, xa que non están obrigados a xogar ese partido antes do final do ano como si é o caso da Preferente. Non obstante, sexa como sexa,  son unhas datas que se viven, quizais, dun xeito máis especial.

Desde Futbolinlugo tamén quixemos poñer o noso grao de area. Aproveitamos para presentar a nosa última incorporación, Marcos Fernández que xa leva unhas semanas sementando contidos por esta redacción. Unido a iso, felicitamos o Nadal, á nosa maneira, porque sempre se necesita un toque de humor para afrontar estas datas, aínda que a situación non fose a mellor. Acudimos ao centro da noticia, na parroquia xermadina de Momán. O campo da Veiga acolle dende hai unhas semanas a SD Cazás que viu como o campo da súa aldea, o Catro Ventos, foi arrasado en tres noites pola acción dos xabarís. Pero a relación non acabou aí, porque dende que o Cazás cambiou de terreo de xogo os xabarís tamén veñen facer das súas ao Campo da Veiga. De momento, non a ese nivel pero xa fixeron un dano considerable. Agardemos que de cara o vindeiro ano a situación cambie e se lle poña remedio, polo momento nós tomámolo con humor. Dende Momán, para toda a provincia, para todos vós.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*