A xornada 15 da Primeira Galicia deixou os seguintes encontros, cos seus correspondentes Máxicos:

*San Roque-Pastoricense: Triunfo fundamental do San Roque na súa loita pola permanencia. O Pastoricense viviu un deses días nos que non sae cousa algunha. Dominou a primeira metade e tivo ocasións de sobra para gañar ao descanso. Roi foi un muro para o San Roque, que sí marcou por mediación de Ánder. Tralo paso pola zona de vestiarios, David aproveitou un erro visitante para un San Roque moito mellor. Os de Fran Veiga lanzáronse arriba coa moral minada e recibiron un castigo máis, cun novo tanto de David.

*Pol-Folgueiro: Un Folgueiro mermado de efectivos cedeu ante o crecente potencial do Pol. Os mariñáns aproveitaron a precipitación inicial dos do Manuel Luna e Aurelio abriu a lata cun gol por toda a escadra. Os de Fernando Corredoira asentáronse e tranquilizaron o seu ímpetu para remontar antes do descanso en dous centros laterais. Na segunda metade, o tempo e as pernas pesadas xogaron en contra dos de Jandri Rego, que mesmo lle deu minutos ao meta Jonathan de xogador. E o Pol goleu, con doblete de Rasilla incluido.

*Atlético Escairón-Guntín: Rubén Díaz fixo dous goles antes dos dez minutos nun inicio frenético de ambos equipos. A partires de aí, o fútbol directo do Guntín meteu nalgún apreto aos do Saviñao. Palle recurtou diferenzas de falta nesa mesma primeira metade. Tralo paso pola zona de vestiarios, o Atlético Escairón certificou a súa superioridade. E Pandiani, cun doblete, terminou redondeando a goleada.

*Riotorto-Lourenzá: Partidazo na Veiga. Derbi dos que fan afección. Goles, ocasións, alternativas e emoción. Ante todo, emoción. O Lourenzá comezou mellor e adiantouse cun tanto en propia porta dos locais. Co paso dos minutos o Riotorto asentouse e empatou de penalti. Á volta dos vestiarios, Recalde exhibiu a súa clase cun golazo e volveu adiantar aos de Diego Rego. Os de Suso Orxás, que tiveron varios longueiros no encontro, igualaron de novo nun balón parado. Esta vez, un saque dende o curruncho. No desconto, os lauretinos perdonaron unha moi clara para levar un botín maior.

*Taboada-Santaballés: Un gran Taboada sucumbiu á efectividade e competitividade do Santaballés. Os goles chegaron todos na segunda metade. Dani San abriu a lata e Noé igualou para os de Manu a vinte minutos do remate. Cando o partido xa morría, apareceu Álex Novás para evidenciar moitas realidades. A primeira, o seu gran estado de forma. A segunda, a ‘facilidade’ dos chairegos para exprimir o seu xogo ata o pitido final. E a última, ese arume a equipo triunfador, ao que por fin parece que este ano lle saen as cousas de verdade. Os de Dani Moirón asaltan así o segundo posto.

*Castro-Burela: O Castro cedeulle o balón ao Burela, esperando perdas para facer perigo. Na primeira metade, un gol por barba dende sendos balóns parados. Na reanudación, os de Jaime Méndez conqueriron un triunfo importante en dúas accións ben levadas. Felipe Varela asinou o seu doblete tras unha boa acción con David Ben. Diego Chao matou o partido nun penalti que se guisou e se comeu.

*Friol-Xove Lago: Perigosidade con balón e igualdade nunha primeira metade con intercambio de golpes. Chile abriu a lata e Brais puxo o empate de novo nun saque dende o curruncho xusto antes do descanso. Na segunda metade, un lanzamento de falta directa de Máikel marcou as diferenzas. O Friol tivo o empate na mesma liña de gol. Non se chegou a ese balón por escasos centímetros e os detalles levaron os tres puntos para A Mariña.

*Monterroso-Outeiro de Rei: Táboas nun encontro vibrante e dos que gustan ao espectador. O Outeiro conseguiu unha mínima vantaxe nunha primera metade na que se mostrou superior e perdonou en exceso. O Monterroso mellorou considerablemente na reanudación. Igualou e viu como ao momento se adiantaban de novo os de Josito Jul. No tramo final, Lorenzo salvou un punto nun balón parado.

*Chantada Atlético-Chantada: Derbi con maiúsculas no que non se cumpriron os pronósticos. Marcou o Chantada aos 30 segundos, lesionándose nesa xogada o local Iago. O Chantada Atlético sobrepúxose a estas circunstancias, tirou de personalidade e remontou en catro minutos ao bordo do descanso. Os de Juan Rodríguez controlaron mellor a situación na segunda metade. Fixeron o segundo gol e perdonaron o terceiro. Os últimos minutos foron de infarto. A pesares das lesións de Fornas e Barrio, o Chantada foi a polo partido. Pero, Adri completou o seu doblete nun erro visitante. E deulle os puntos aos máis necesitados da vila.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*