Hai escasos días anunciabamos os novos proxectos de Futbolinlugo. Hoxe toca desvelar a programación para esta temporada. Unha ‘grella de saída’ que aposta pola continuidade. Porén sempre introducindo novidades e cambios para o deleite da nosa fiel audiencia. Nesta cuarta temporada con vós, manteremos os contidos do luns. Marcos Fernández traerá o Trío de Ases da Terceira División e a Preferente. Iván Calaza buceará polo mundo dixital para mostrarnos as tendencias do noso fútbol en ‘As nosas redes falan’.

https://www.cdlustore.com/13-equipaciones

Os martes seguirán sendo da Primeira Galicia. Iso sí, con novidades. Chegan os Máxicos da xornada. Un xogador MVP destacado por conxunto. E que trataremos que sempre faga esta valoración o conxunto rival e non o propio. Os mércores pertencen á Segunda Galicia cos seus onces. Os xoves, dobre cita. As sobranceiras da xornada, cunha futbolista destacada de cada equipo feminino. E outra das nosas novidades. A Terceira Galicia de Iván Calaza conta cun formato diferente. Destacaranse a tres xogadores por liña no noso Tres en Raia. Tres porteiros, outros tantos defensas, tres medios máis e outros tres dianteiros. Máis posibilidades de estar entre os elixidos da xornada para os nosos xogadores máis amateurs!

Encaramos o venres e o comezo da fin de semana co imperdible Partido da Xornada, deixando para o sábado o resto da Axenda das citas destacadas das nosas distintas categorías. Por último, o domingo, manteremos unha temporada máis a vosa sección. As vosas voces e opinións no Palabra de… Pero isto non é todo. Recuperaremos puntualmente información da nosa base con Santi Real. Seguiremos coas espectaculares fotografías dos nosos colaboradores nos diversos Partido en imaxes… E completaremos todo este menú coa máis rigurosa actualidade. Noticias, entrevistas, reportaxes… O que o día a día esixa porque queremos ser un ano máis o espazo de referenza do balompé máis modesto. Do fútbol de verdade! Vémonos nos campos, nos bares, nas redes sociais e en www.futbolinlugo.es
Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*