As Notas da Terceira

A FIGURA: ÓSCAR DO PORTOMARIN
Óscar López xa non sorprende cos seus números. Catro goles anotou na victoria do Portomarín ante un rival directo como o Paradela. Óscar é o pichichi do grupo con 21 goles.
O ÁS: COEDO DO POL
Javier Coedo foi un dos grandes destacados na vitoria por 5-2 do Pol diante do Alfoz. Coedo anotou un gol e deu a asistencia doutro. O Pol é o noveno con 23 puntos.
NIN PÉ CON BOLA: MONDOÑEDO
O Mondoñedo volveu a perder esta xornada por 1-2 ante o Meira. O conxunto mindoniense encadea unha mala xeira na que destacan as últimas tres derrotas consecutivas. Perdeu comba cos postos altos É 7º a once puntos do segundo clasificado.
DEMASIADO INTENSO: FELIPE E MARCOS DO FRIOL
Felipe Blanco e Marcos Vázquez do Friol foron sancionados cun partido cada un por protestas ó árbitro.
Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*