A ledicia, as frustracións vividas con paixón e os recordos marcan hoxe a actividade que destacamos das redes sociais dos últimos días.

O primeiro destacado é unha publicación en Facebook dun novo equipo da Primeira Galicia, o Sporting Pontenova que cunha imaxe reflicte o sentir e a ilusión que había polo campo da Mina.

Somos de Primeira!

Publicado por Sporting Pontenova en Sábado, 1 de abril de 2017

O Palas tiña unha importante cita esta fin de semana, xa que recibía ó líder da Segunda Galicia grupo sur, o SDC San Roque. Con este bonito vídeo se motivaron para o partido e, aínda que non lles saíu ben pola derrota, seguen dependendo de si mesmos para ascender. Esta próxima xornada volven ter outra cita chave ante o Ferreira.

Hoxe tamén é unha data especial para o fútbol da nosa provincia. Hai un ano marchaba Jorge Tato, o xuvenil do Racing Vilalbés que perdeu a vida nun accidente de tráfico. A familia do Racing e todo o fútbol da provincia ségueo lembrando. Aquí un vídeo homenaxe que lle fixeron o pasado ano.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*