Como todas a semanas, velaquí toda a actualidade do fútbol feminino provincial!
Falando primeiro dos encontros, cómpre destacar, antes de nada, a victoria do PM Friol-CD Lugo na Copa Nacional ante o Atlético Arousana, 1-3.

Xa nas competicións regulares, no que atinxe á Primeira Galicia, a SD Antas perdeu o seu encontro ante o Tordoia no minuto 89 nunha acción de penalti que acabou en gol pese á parada da gardamallas María, e que non deixou de ser conflictiva xa que o balón rebotou no longueiro e, segundo a apreciación do árbitro, pasou a liña de gol. As rapazas de Melendo pecaron de pouca efectividade ofensiva, o que lles acabou costando puntos.

A SCD Milagrosa, pola súa banda, venceu no López-Gorgoso ao Sárdoma «B», remontando con dous goles de Lucía Armesto e outro de Irene, 3-1. Con este resultado, as branquivermellas collen aire e achéganse á salvación!

Na Segunda Galicia, o Carballedo CF aguantou ata o minuto 60 ante o Xuventude de Crendes nun partido no que mereceron, canto menos, o empate, pero que rematou con 0-3. Destacaron todas as xogadoras, pero especialmente Verónica Carballo e Laura Delgado.

A SG Comercial perdeu por 3-4 ante o Sporting Burgo, nun vibrante duelo de principio a fin, e a SD Chantada foi unha apisonadora no campo da Torre SD (0-5). Pola súa banda, o PM Friol-CD Lugo «B» venceu 3-0 ao Vioño, rival directo polo título de liga.

Xa no Fútbol-7, a SD Burela venceu 1-0 ao Betanzos nun choque moi limpio cun ambiente moi agradable entre xogadoras e asistentes, e SCD Milagrosa «B» superou ao Vioño «B» por 2-3!

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*