Un xoves máis, Futbolinlugo chega co seu artigo sobre toda a actualidade do fútbol feminino lucense. Antes de comezar co repaso semanal, queriamos informar aos nosos lectores de que a partires da semana que vén haberá un cambio no modelo desta sección, ademáis dun renome moi especial!

Dito esto, pasamos á análise. O PM Friol-CD Lugo venceu por 1-9 ao Atlético Arousana. Tras unha xeira de malos resultados, as nosas souberon impor o seu modelo de xogo desde o primeiro minuto, para despois non pasar apuros ao longo do choque. Destacou por enriba de todo a actuación de Natalia, que anotou nada menos que cinco goles!

Xa na Primeira Galicia, os nosos clubes seguen sen atopar a chave para conseguir sumar de tres en tres. A SCD Milagrosa perdeu por 9-1 en Sanxenxo ante o Viajes Interrías, de novo véndose superadas pola enorme calidade das súas rivais. A SD Antas, pola súa banda, perdeu 0-3 ante o UD Mos, nun duelo que se viu marcado por un tempraneiro gol visitante, e por dous goles case seguidos á volta do descanso que deixaron ás do Castro Seoane sen capacidade de reacción.

Porén, pese aos malos resultados, ambos equipos están preto dos postos de salvación (de feito, a SD Antas non descendería de rematar a liga así), polo que nós confiamos máis que nunca nas nosas loitadoras!

Na Segunda Galicia, nunha xornada na que o PM Friol-CD Lugo «B» descansou, a SD Chantada levouse o derbi comarcal ante o Carballedo CF, superando por 3-0 ás visitantes, condicionadas tamén por un gol no minuto 2 e outro no 12, que deixaron o encontro visto para sentenza. A SG Comercial sacou un valioso punto do campo do Xuventude de Crendes (0-0).

Para rematar, no que atinxe ao Fútbol-8, a SD Burela manténse na zona alta da táboa (concretamente, na segunda posición) tras superar por 0-2 ao Atlético San Pedro. Destacaron na actuación mariñana Carlota Baltar e Lucía Sánchez!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*